Curtis inviste 140.200 euros na renovación do pavimento e o mobiliario de tres parques infantís

ACoruñaXa
As obras acometéronse nos parques infantís dos dous CEIP e no parque da Carballeira de Curtis. Nos próximos meses sairá a concurso a renovación do parque da Casa do Concello en Teixeiro
Curtis Parque
Curtis Parque
6 feb 2024

A área de Infraestruturas do Concello de Curtis vén de anunciar a finalización das obras de renovación de pavimento e instalación de novo mobiliario en tres parques infantís do municipio. As actuacións acometéronse no parque infantil do CEIP de Curtis, CEIP de Teixeiro e parque da Carballeira sito en Curtis na rúa María Antonia Dans.

As intervencións, cun importe total de 140.200 euros, centráronse na substitución do pavimento de caucho, deteriorado polo paso do tempo e pola exposición ás inclemencias meteorolóxicas, co obxectivo de reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios. As estruturas, por outro lado, foron substituídas por outras máis modernas como tobogáns e columbios así como materiais de última xeración.

A estas actuacións sumase á construción do novo parque Ánxeles Penas no ano 2022 en Teixeiro para que os 320 nenos de 3 a 11 anos dispoñan dunhas infraestruturas novas para o seu desfrute. O alcalde, Javier Caínzos, avanzaba esta mañá de martes que nos próximos meses sairá a concurso a renovación do parque anexo á Casa do Concello en Teixeiro.