Curtis inviste 103.000 euros na mellora viaria das aldeas de Foxado e de Fisteus

ACoruñaXa
As obras trátanse da rehabilitación superficial do pavimento con aglomerado, limpeza e reperfilado de cunetas e tajeas e saneo de blandóns
Imaxe das obras que se están a realizar en nas aldeas de Foxado e Fisteus
Imaxe das obras que se están a realizar en nas aldeas de Foxado e Fisteus
6 abr 2024

O Concello de Curtis ven de anunciar o inicio das actuacións nun total de preto de 4 km en diferentes aldeas das parroquias de Foxado e Fisteus cunha inversión total de 103.000 euros.

Máis en concreto, as obras estanse acomentendo nos seguintes camiños: Hedreira-Arada (Fisteus), Abeledo-Cruce de San Cristovo (Foxado), Abeledo-Pedreira (Foxado), Acessos a Pedreira (Foxado) e San Cristovo – Os Castiñeiros (Foxado).

O alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos, explicaba este venres que as obras que se están realizando trátanse da rehabilitación superficial do pavimento con aglomerado, limpeza e reperfilado de cunetas e tajeas e saneo de blandóns.