Curtis abre as inscripción para os campamentos de Semana Santa

ACoruñaXa
Os campamentos se desenvolverán do 25 de marzo ao 1 de abril nos centros de lecer de Curtis e de Teixeiro. O prazo de inscrición finaliza o próximo 22 de marzo
Imaxe recurso dunha nena xogando con ovos de Pascua
Imaxe recurso dunha nena xogando con ovos de Pascua
23 feb 2024

O Concello de Curtis ven de anunciar a apertura do prazo de solicitudes para os campamentos de cativo durante a Semana Santa que se desenvolverán do 25 de marzo ao 1 de abril nos centros de lecer de Curtis e de Teixeiro.

O horario de funcionamento dos campamentos será las 8.00 horas da mañá ata as 14.00 da tarde, permitindo así a conciliación familiar.

O prazo de inscrición finaliza o próximo 22 de marzo e os interesados poderán facelo na oficina municipal de Curtis ou na Casa do Concello de Teixeiro, para elo deberán levar o seguinte formulario impreso e cuberto.

O prezo de cada un dos campamentos é de 10 euros participante e haberá prioridade para empadroados no municipio.