Culleredo pecha o 'Rasca e Gaña' con 2.574 premios para impulsar o comercio local

ACoruñaXa
A campaña navideña desenvolveuse en máis de 200 establecementos e repartiu 105.000 boletos entre a clientela
CULLEREDO comercio local
16 Jan 2026

O Concello de Culleredo puxo o ramo a unha nova edición da súa campaña navideña de apoio ao comercio de proximidade, o 'Rasca e Gaña', coa entrega dos últimos premios principais. En total, nesta convocatoria repartíronse 2.574 agasallos entre a clientela dos 200 establecementos adheridos á iniciativa.

Os concelleiros de Comercio, Mario Iglesias, e de Desenvolvemento Social, Juan Carlos Lovelle, foron os encargados de facer entrega dos premios máis destacados que quedaban pendentes. Entre eles, figuraron reloxos intelixentes, alisadoras de pelo e teléfonos móbiles, que se sumaron ao premio principal dunha televisión e a outros obsequios xa premiados ao longo da campaña, como auriculares ou unha freidora de aire.

Para o desenvolvemento do 'Rasca e Gaña', o Concello distribuíu 105.000 boletos entre os negocios participantes. Cada establecemento recibiu 500 unidades, o que garantiu un mínimo de 12 premios por comercio. Dende a concellaría de Comercio sinalan que a iniciativa é unha das máis agardadas polo sector porque funciona como un incentivo extra para mercar no municipio e o Goberno local avanzou que manterá o apoio a un tecido comercial que cualifica de variado e de calidade.

⚙ Configurar cookies
0.084698915481567