Culleredo o venres inaugura a exposición das Escolas Municipais de Óleo e Fotografía

ACoruñaXa
A mostra estará aberta ao público ata o 16 de agosto no Xardín Botánico e inclúe 14 imaxes e 34 obras de óleo realizadas polo alumnado
Imaxe da exposición das Escolas Municipais de Culleredo
17 Xul 2024

O Concello de Culleredo inaugurará este venres, 19 de xullo, ás 18.30 horas, a exposición das Escolas Municipais de Óleo e Fotografía 2023/2024 na Aula de Natureza Juan Lembeye do Xardín Botánico.

A exposición, que se poderá visitar ata o 16 de agosto de 2024, está composta por 14 imaxes e 34 traballos de óleo, todas as pezas elaboradas polas alumnas e alumnos das Escolas Municipais durante o pasado curso. O horario de visita será de 18.00 a 21.00 horas de luns a venres.

Dende o Concello invitan a todas as persoas interesadas a "ser partícipes dunha exposición que demostra o talento local, chea de pezas elaboradas polas alumnas e alumnos de Culleredo e que terán o seu lugar nun enclave emblemático do noso municipio".

 

 

0.19282293319702