Culleredo invita á veciñanza a participar na creación do seu novo plan estratéxico

ACoruñaXa
A elaboración do plan, que busca optar a fondos europeos, inclúe unha concentración cidadá e estará en vigor ata 2030
Casa do Concello de Culleredo
12 sep 2024

O Concello de Culleredo está a traballar na confección dun novo plan estratéxico de desenvolvemento que definirá as prioridades municipais ata o ano 2030. Esta iniciativa, denominada 'CulleredoVivo Vive', dará continuidade á anterior Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) 'CulleredoVivo' e permitirá optar a financiamento europeo.

Para garantir que o plan reflicta as necesidades reais da cidadanía, o Concello invita aos veciños a participar activamente no proceso de elaboración. A través dunha enquisa dispoñible na web municipal, a veciñanza poderá compartir as súas propostas e valorar as prioridades para incluír no Plan de Acción, que será a folla de ruta para a implementación da Axenda Urbana.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, fixo un chamamento á participación cidadá co obxectivo de acadar un consenso amplo. Rioboo destacou que “apostamos por un Culleredo de futuro baseado nas necesidades reais da veciñanza”, subliñando que os proxectos seleccionados pola Unión Europea serán aqueles que conten con consenso social e que se poidan executar ata 2030.

O novo plan centrarase no desenvolvemento sostible do municipio, cun enfoque que abrangue a dimensión ambiental, económica e social. O Concello busca mellorar e rexenerar o territorio, preservando os recursos naturais e valorando os elementos ambientais e patrimoniais, cunha serie de actuacións a curto, medio e longo prazo.

0.16395401954651