Culleredo abre a licitación a renovación do acceso a Fornos dende a Nacional 550

ACoruñaXa
O Concello acometerá unha mellora viaria de 53.000 euros na parroquia de Sueiro para incrementar a seguridade no rural
Imaxe de Fornos en Culleredo
18 sep 2024

O Concello de Culleredo puxo en marcha o proceso de licitación para renovar o acceso ao núcleo de Fornos, na parroquia de Sueiro, dende a estrada Nacional 550. Esta actuación enmárcase no plan municipal de mellora viaria nas zonas rurais, co obxectivo de solucionar o deterioro acumulado co paso do tempo na rede de estradas.

As obras abranguerán un tramo de 586 metros no que se procederá a eliminar os baches existentes e a aplicar unha nova capa de rodadura. A intervención incluirá tamén a mellora da sinalización viaria, tanto horizontal como vertical, para reforzar a seguridade tanto dos condutores como dos peóns. Ademais, levarase a cabo a limpeza das cunetas ao longo do percorrido.

Esta actuación contará cun orzamento de 53.948,15 euros, cofinanciados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). O prazo para presentar ofertas estará aberto ata o 26 de setembro.

O Concello de Culleredo prevé continuar nos próximos meses con múltiples melloras en diferentes parroquias, enfocándose na reparación de estradas municipais que precisan atención debido a diversos desperfectos.

 

 

0.086391925811768