Corte de tráfico por obras este mércores nun ramal da Avenida Alfonso Molina AC-11

ACoruñaXa
O Concello da Coruña comeza dende o 31 de xaneiro ata o 9 de febreiro unhas obras de mellora na canalización de aguas na Avenida García Sabell
Avenida García Sabadell Coruña
30 Xan 2024

O Concello da Coruña vai comezar este mércores 31 de xaneiro unhas obras de mellora na canalización de aguas na Avenida García Sabell. Para iso, será necesario pechar ao tráfico o ramal de saída da Avenida Alfonso Molina (AC-11) no seu punto quilométrico 1,700 a partir das 9:00 horas. As afectacións están previstas ata o 9 de febreiro, aínda que poderían prolongarse en caso de ser necesario.

Estas actuacións atópanse á marxe das obras de mellora da capacidade da Avenida de Alfonso Molina que está a levar a cabo o Ministerio de Transportes e movilidade sostible e que actualmente está en fase de traballos previos entre os que se atopan a reposición de servizos afectados ou o reformulo.

Os desvíos de tráfico estarán debidamente sinalizados contando como alternativas posibles o ramal de saída do punto quilométrico 2,100 da AC-11 (accesos Universidade da Coruña) ou acceso ao polígono de Pocomaco a través da AC-14.

0.18749094009399