Coirós suspende a excursión polo Día da Muller debido ao mal tempo

ACoruñaXa
Debido á previsión de mal tempo para este venres 8 de marzo, queda suspendido o roteiro rosaliano con visita incluída a casa museo en Padrón da escritora galega e ao centro histórico de Pontevedra
Imaxe recurso do 8M
Imaxe recurso do 8M
7 mar 2024

O Concello de Coirós informa de que, debido á previsión de mal tempo para este venres 8 de marzo, queda suspendido o roteiro rosaliano con visita incluída a casa museo en Padrón da escritora galega e unha comida de confraternidade. Por ende, tamén queda suspendida a visita ao centro histórico de Pontevedra. Esta era unha das actividades programadas con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller organizadas polo Concello de Coirós.

Cómpre lembrar, que este venres, Día Internacional da muller é festivo local no Concello de Coirós. O Goberno local leva varios anos elixindo esta data sinalada para dedicala a festivo local, xunto co Martes de Entroido unha festa de gran tradición en toda a comarca dás Mariñas.