Case un cento de maiores de Vilasantar participan na excursión anual organizada polo Concello

Un total de 94 veciños e veciñas maiores de 60 anos participaron na excursión anual organizada polo Concello de Vilasantar, unha iniciativa que busca fomentar a convivencia e ofrecer unha xornada de lecer á veciñanza de maior idade.
A viaxe, gratuíta para as persoas participantes, comezou coa recollida nas distintas parroquias do municipio para facilitar a asistencia. A primeira parada foi en Muxía, onde o grupo visitou o santuario da Virxe da Barca e a súa contorna, incluída a coñecida Pedra dos Cadrís, antes de percorrer o paseo marítimo da localidade.
A continuación, os excursionistas desprazáronse ata Cee para compartir o xantar nun restaurante da vila. Pola tarde, a ruta continuou en Muros, onde realizaron unha visita guiada polo casco histórico e coñeceron a igrexa de San Pedro.
Tras completar o percorrido, os autobuses regresaron a Vilasantar, deixando aos participantes nos seus lugares de residencia e poñendo fin a unha nova edición desta actividade, xa consolidada na programación municipal para as persoas maiores.