Carral ofrece 7 espectáculos infantís no programa ‘Papeques’

ACoruñaXa
A programación inclúe teatro, cine, contacontos e maxia durante o mes de decembro
Cartel Papeques 2024
29 Nov 2024

O Concello de Carral organiza unha nova edición de ‘Papeques’, o programa de espectáculos dirixido á rapazada, que se celebrará durante o mes de decembro con sete funcións de acceso libre. A excepción da actividade do 19 de decembro, que require reserva previa, o resto de eventos estarán abertos ao público ata completar aforo.

Programación:

  • Xoves, 5 de decembro, ás 18:00 horas:
    A compañía Pérez&Fernández inaugura o ciclo co contacontos Rosa e Azul, que explorará novas narrativas da literatura infantil. Lugar: Edificio Toñito Espiñeira.
  • Sábado, 7 de decembro, ás 18:00 horas:
    Pablísimo presenta CABICIVAI, un espectáculo dirixido ao público familiar. Lugar: Edificio Toñito Espiñeira.
  • Xoves, 12 de decembro, ás 19:00 horas:
    Proxección da película La Navidad en sus manos. Lugar: Casa da Cultura.
  • Venres, 13 de decembro, ás 19:00 horas:
    A Asociación Teatral Paso de Valverde representará Os Contos Clásicos de Tía Carolina. Lugar: Local Xente Nova de Tabeaio.
  • Sábado, 14 de decembro, ás 18:00 horas:
    A agrupación Pedras de Cartón ofrecerá a función teatral Contos de William Shakespeare. Lugar: Edificio Toñito Espiñeira.
  • Xoves, 19 de decembro, ás 18:00 horas:
    A compañía Trinketrinke Teatro interpretará O que non sabías do Nadal. Para este espectáculo, é preciso reservar praza chamando ao 981 672 580. Lugar: Casa da Cultura.
  • Venres, 20 de decembro, ás 19:30 horas:
    Dani García pechará o ciclo coa Gala de Maxia. Lugar: Local Xente Nova de Tabeaio.

Entrada libre e colaboracións

A entrada a todas as funcións será gratuíta ata completar aforo, salvo a obra do 19 de decembro, que require inscrición previa. O Concello solicita puntualidade para evitar interrupcións nos espectáculos.

‘Papeques’ é unha iniciativa que conta co apoio da Deputación da Coruña, a través da Rede Cultural, e coa colaboración do Instituto para a Transición Xusta e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN), mediante o programa Dinamiz-artj.

0.15920805931091