Carral instalará unha gran pantalla para seguir a final do Mundial entre España e Arxentina

ACoruñaXa
O Concello anima á veciñanza a reunirse este domingo no Campo da Feira para vivir en directo o partido decisivo a partir das 21.00 horas
CARRAL pantalla
18 Jul 2026

O Concello de Carral convida á veciñanza a vivir de maneira conxunta a final do Mundial de fútbol que enfrontará este domingo 19 de xullo ás seleccións de España e Arxentina.

Para a ocasión, o Campo da Feira contará cunha gran pantalla na que se poderá seguir en directo o encontro, que dará comezo ás 21.00 horas. O obxectivo da iniciativa é ofrecer un espazo de reunión para que afeccionados e familias poidan compartir o ambiente da final e apoiar á selección española.

Desde o Concello animan á cidadanía a participar nesta convocatoria, que permitirá gozar do partido nun ambiente festivo e ao aire libre, convertendo o Campo da Feira nun punto de encontro para vivir unha das citas deportivas máis destacadas do ano.

0.13200998306274