Carral entrega os premios do concurso de decoración de vivendas e negocios polo Nadal

O Concello de Carral celebrou esta tarde o acto de entrega dos galardóns do concurso de decoración de Nadal, unha iniciativa coa que se busca animar á veciñanza e ao tecido comercial a participar na ambientación das festas e contribuír a embelecer as rúas do municipio durante estas datas.
No apartado de comercio, o primeiro premio foi para Militroques, seguido de Tania Brea Floristería, que acadou o segundo posto, e de Farmacia Carral, que se fixo co terceiro. No ámbito das casas, o xurado distinguiu con o primeiro premio a María del Carmen Santiso López, mentres que o segundo foi para Maite Peteiro García e o terceiro para Sandra Martínez Santiso.
Pola súa banda, na categoría de pisos, o primeiro premio recaeu en María Herrero Sanmartín, o segundo en Alicia Sanz Gomariz e o terceiro en Ana Belén Barbeito Espiño. Desde o Concello trasladouse unha mensaxe de parabéns ás persoas e negocios premiados e tamén un agradecemento ao conxunto de participantes por contribuír a crear un ambiente máis acolledor e festivo no municipio.