Cambre garante o subministro de combustible para vehículos e instalacións municipais

ACoruñaXa
O Concello adxudica os contratos ponte coa fin de garantir a subministración de combustible nos seus vehículos e instalacións
Imaxe da casa do Concello en Cambre
Imaxe da casa do Concello en Cambre
5 abr 2024

O Concello de Cambre ven de adxudicar os dous contratos puente cos que garantir o servizo de subministro de combustible ata a licitación en aberto, a custes da actualización dos novos prezos da subministración de gasóleo, gasolina e gas GLP para vehículos, maquinaria e instalacións municipais. Os dous contratos ponte suman un total de 27.187,05 euros e terán unha duración dun ano.

Dunha banda, o contrato de subministración de gasóleo e GLP para instalacións municipais foi adxudicado por 13.581,72 euros e servirá para abastecer aos seguintes edificios: Casa do Concello, centro de saúde de Cambre, centro municipal de formación e nos campos de fútbol de Lendoiro e Brexo-Lema, así como en calquera outra instalación designada polo Concello. E doutra banda, outro contrato, de gasóleo e gasolina para vehículos e maquinaria da Administración local, adxudicouse por 13.605,33 euros e servirá para fornecer combustible de 32 vehículos e máquinas da frota municipal.

Actualización do contrato

A licitación do servizo está pendente desde o 2020. No mes de xullo dese ano, precisamente, o técnico municipal delegou ao departamento de Contratación os pregos de prescricións técnicas, a memoria de necesidade e o informe técnico dos seguintes servizos: subministración en estación de servizo, de gasóleo e gasolina para vehículos e maquinaria municipal, de gas GLP para os vehículos e instalacións térmicas en dependencias municipais e de subministración de gasóleo a piques de consumo en dependencias municipais. Actualmente, o departamento está a realizar a actualización dos documentos debido ao tempo transcorrido desde a elaboración do prego.