Cambre celebrará durante o mes de xullo a Festa de San Bieito na parroquia dos Anceis

ACoruñaXa
A parroquia de Anceis en Cambre celebra a Festa de San Bieito con actos relixiosos, procesións e eventos musicais ao longo do mes de xullo
Imaxe do cartel da Romería de San Bieito de Anceis
10 Xul 2024

En xullo, a parroquia de Anceis, no municipio de Cambre, celebra unha romaría en honor a San Bieito, coñecido polas súas curacións de doenzas da pel. Centos de romeiros acoden os días 11, 24 e 25 deste mes para venerar ao santo.

O xoves 11 de xullo, celebraranse misas cada hora desde as 09.00 ata as 13.00. Ás 20.00 horas haberá outro oficio relixioso e, a partir das 20.30, comezará unha gran mexillonada amenizada pola actuación de Ivan Van Band.

O mércores 24, realizarase o traslado e o encontro das imaxes desde a igrexa de San Xoán de Anceis, Santuario de Altamira e San Marcos de Anceis, reuníndose na capela de San Bieito en Mercurín. A procesión, acompañada por un grupo de gaitas, iniciará ás 19.00 horas.

O xoves 25, a xornada festiva comeza ás 09.00 horas con dianas e alboradas a cargo dun grupo de gaitas. Durante a mañá, celebraranse actos relixiosos con misas cada hora desde as 09.00 ata as 12.00. Ás 13.00 horas, terá lugar a misa solemne, seguida da sesión vermú con Eduardo Revelación.

Desde as 17.30 horas, Eduardo Revelación animará a verbena de tarde e, ás 20.00 horas, celebrarase outra misa solemne que dará paso, media hora despois, á procesión.

romería en cambre
0.16414999961853