Cambre celebrará a súa festa Galaica do 19 ao 21 de xullo

ACoruñaXa
O Concello abre hoxe o prazo para solicitar cabanas castrexas durante a VII Galaicoi
Imaxe da festa Galaica de Cambre
1 Xul 2024

Cada mes se xullo Cambre celebra a súa festa Galaica. Trátase dun evento que crece, ano tras ano, en número de adeptos e que chegará, en 2024, á súa sétima edición. Coa vista posta no evento, que terá lugar o 19, o 20 e o 21 de xullo, o Concello abriu hoxe, luns 1 de xullo, o prazo de solicitude das clásicas cabanas castrexas para a VII Galaicoi. Estas construcións non só forman parte da cita, senón que son un dos elementos que converten á Galaicoi nunha auténtica romaría.

Dende o Concello informa de que o período de solicitude estará aberto ata o mércores, día 10, podendo pedilas asociacións, fundacións, Ong, así como tamén agrupacións deportivas, culturais, políticas e particulares. A disposición destas cabanas suscita, ano tras ano, un gran interese entre a cidadanía.

Como novidade, e para facilitar a tramitación das solicitudes, habilitouse un formulario na internet a través do cal presentar as solicitudes.

As persoas solicitantes terán que indicar un mail de contacto e encher, ademais, os campos do formulario cos seus datos. En todo caso, a petición pode tramitarse tamén a través do rexistro do Concello ou pola sede electrónica (onde xa se recolle toda a documentación necesaria).

0.1514310836792