BNG da Coruña pide transparencia no nomeamento do novo xerente do Consorcio do Turismo

ACoruñaXa
Os nacionalistas reclaman a primeira convocatoria do Consello Reitor do Consorcio do Turismo
Moisés Jorge nunha imaxe de archivo
Moisés Jorge nunha imaxe de archivo
2 feb 2024

O grupo municipal do BNG no Concello da Coruña esixe que, trata dimisión do xerente do Consorcio do Turismo, Moisés Jorge Naranjo, se realice un proceso transparente para nomear a persoa que o substitúa á fronte dunha entidade clave para a promoción turística da Coruña.

O BNG recorda que no seu momento xa puxera reparos sobre á forma na que se produciu o nomeamento de Moisés Jorge Naranjo e, por tanto, pide agora o máximo rigor e transparencia no seu relevo.

Igualmente, reclama a primeira convocatoria do Consello Reitor do Consorcio do Turismo -que  denuncia que aínda non se reuniu no que se leva deste mandato-, ben como tamén a regularización das convocatorias desde órgano.