BNG da Coruña pide transparencia no nomeamento do novo xerente do Consorcio do Turismo
ACoruñaXa
Os nacionalistas reclaman a primeira convocatoria do Consello Reitor do Consorcio do Turismo
2 Feb 2024
O grupo municipal do BNG no Concello da Coruña esixe que, trata dimisión do xerente do Consorcio do Turismo, Moisés Jorge Naranjo, se realice un proceso transparente para nomear a persoa que o substitúa á fronte dunha entidade clave para a promoción turística da Coruña.
O BNG recorda que no seu momento xa puxera reparos sobre á forma na que se produciu o nomeamento de Moisés Jorge Naranjo e, por tanto, pide agora o máximo rigor e transparencia no seu relevo.
Igualmente, reclama a primeira convocatoria do Consello Reitor do Consorcio do Turismo -que denuncia que aínda non se reuniu no que se leva deste mandato-, ben como tamén a regularización das convocatorias desde órgano.