Betanzos pon no foco ás mulleres cuidadoras co programa 'Ciudadanas'

ACoruñaXa
O proxecto aproxímase ao rural de Betanzos da man da Fundación Mulleres
Imaxe recurso do coidado de persoas maiores
29 Mar 2024

O Concello de Betanzos pon en marcha o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural que desenvolve Fundación Mulleres con mulleres coidadoras de persoas en situación de dependencia.

A través deste proxecto traballaranse temas tan importantes como saúde e autocoidado; fomento da autoestima; dependencia emocional; poñer límites; xestión do tempo, etc.

A iniciativa desenvolverase no Local Social de Xanrozo, como unha forma de ir aproximando o proxecto ás parroquias betanceiras, todos os venres dende o 12 de abril ata o 14 de xuño, en horario de 10.00 a 12.00 horas.

Nesta actividade poden participar mulleres a partir dos 18 anos, e ofrécese como un servizo totalmente gratuito.

O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 8 de abril, incluído, chamando ao departamento de Servizos Socais no 981 770 707 ou enviando un correo electrónico a marta.pineiro@betanzos.gal.

0.19268298149109