Betanzos mellorará o seu casco histórico cos fondos do Plan de Recuperación e Resiliencia do Estado

ACoruñaXa
Entre as actuacións inclúese un centro de interpretación, unha rede de rutas temáticas e rutas guiadas interpretativas
Praza de Fernán Pérez Andrade _O Bo_ situada no casco histórico de Betanzos
Praza de Fernán Pérez Andrade _O Bo_ situada no casco histórico de Betanzos
11 Xuño 2024

O Concello de Betanzos asinou con Turismo de Galicia o convenio para dispor do millón de euros concedido na convocatoria extraordinaria do Plan Nacional do Goberno de España dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia na liña de investimento do Programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos.

O Concello concorreu á convocatoria extraordinaria do Plan Nacional, presentando un proxecto baixo o título de “Plan de Sustentabilidade Turística: Casco Histórico de Betanzos: o pasado como motor de futuro sostible” sendo unha das categorías de destino recollidas na convocatoria e establecendo o investimento mínimo por eixes que recolle a convocatoria.

Dita proposta foi valorada tanto pola Axencia de Turismo de Galicia, como pola Secretaria de Estado de Turismo, obtendo unha nota superior a 70 sobre 100 en base aos criterios de valoración sendo aprobado e formando parte do plan Territorial de Sustentabilidade Turística de Galicia.

A través deste proxecto, o Concello levará a cabo diversas actuacións no casco histórico para as que lle foi concedida un millón de euros. Entre elas inclúe un centro de interpretación; e unha rede de rutas temáticas e rutas guiadas interpretativas. Un segundo eixo do proxecto centraráse na dotación de bicicletas eléctricas para facer as rutas e cargadores eléctricos e puntos de recarga ademáis da instalación de iluminación eficiente; un terceiro eixo de actuacións en materia dixital cun plan de sinalización intelixente e un cuarto e último eixo de potenciación de produto turístico.

0.17852807044983