Betanzos desenvolve unha nova edición do Distintivo Muller Emprendedora
Dentro das iniciativas municipais impulsadas co gallo do 8 de marzo, o Concello de Betanzos outorga o Distintivo Muller Emprendedora 2023 a 10 mulleres que se puxeron ao fronte de distintos negocios o ano pasado no municipio.
Nesta ocasión, prémianse establecementos relacionados co deporte, a educación, a moda, a beleza, a axuda no fogar, a alimentación e a hostalaría, con nomes propios como Betan Cit, Café Bar El Capricho, Crecer, Distrito Palmeras Moda, Más que pan, Maiores no fogar, Neón Club, No se lo digas a mamá, Peluquería Salón Bukuri e Salón Unisex Carola López.
O acto de entrega de distintivos terá lugar o xoves 14 ás 20.30 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns, nun encontro aberto á veciñanza no que as emprendedoras poderán tamén compartir as súas experiencias nesta nova etapa profesional.