Betanzos busca sumar á hostalaría contra as agresións sexuais no ocio nocturno

ACoruñaXa
O Concello abre ata o 3 de xullo o prazo para que os locais se adhiran ao protocolo 'Betanzos en violeta'
BETANZOS espazo seguro comercio
15 Jun 2026

O Concello de Betanzos abriu o prazo para que os establecementos de hostalaría e ocio nocturno se adhiran ao protocolo de colaboración fronte ás agresións sexuais nos espazos de lecer.

A iniciativa, denominada 'Betanzos en violeta', forma parte do programa municipal de prevención comunitaria 'Con-sentido' e pretende ofrecer aos locais unha ferramenta de apoio para previr, detectar e actuar ante posibles situacións de violencia sexual.

O goberno local considera que o sector da hostalaría e do ocio nocturno pode desempeñar un papel clave na creación de espazos seguros e confortables. Por iso, os establecementos adheridos recibirán materiais informativos e un adhesivo identificativo que os acreditará como locais comprometidos co protocolo.

O prazo de adhesión permanecerá aberto ata o venres 3 de xullo. As persoas interesadas poden contactar cos servizos sociais municipais no 981.77.07.07.

0.145583152771