Axenda electoral para hoxe na provincia

ACoruñaXa
A axenda electoral para hoxe, 2 de febreiro, na provincia da Coruña: onde, hora e partidos
Votar
2 Feb 2024

A axenda electoral para hoxe, 2 de febreiro, na provincia da Coruña: onde, hora e partidos

PP

Santiago de Compostela

Alfonso Rueda visita a Universidade de Santiago de Compostela.

Ortigueira

20.00: Alberto Núñez Feijóo intervén nun mitin xunto ao presidente do PP da Coruña e candidato nas eleccións do 18F, Diego Calvo, e ao alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín.

PSdeG

Besteiro visita a cidade das Tic na Coruña

BNG

A Coruña

12.00: Encontro con mariscadoras da Ría do Burgo. Mercedes Queixas, número 2 da candidatura do BNG por A Coruña, estará acompañada polo portavoz nacionalista no Congreso, Néstor Rego. Na Confraría de Pescadores da Coruña, porto de Oza.

Oleiros

16.30:  Encontro con persoas que reclaman a habilitación dun paso de peóns no Couto (Oleiros). No Hotel As Galeras, ao pé da recta de Bastiagueiro.

Arteixo

20.00: Mitin en Arteixo, no Balneario. Con Iria Taibo, número 8 da candidatura; e Xurxo Couto, portavoz do BNG en Arteixo.

VOX

A Coruña

19.30: Santiago Abascal acompañará ao candidato de Vox á presidencia da Xunta, Álvaro J. Díaz-Mella, e o candidato pola provincia da Coruña, Manuel Fuentes Lamas. Hotel Attica 21 da Coruña, no barrio de Matogrande.

0.16127181053162