Axenda electoral para hoxe na provincia
A axenda electoral para hoxe, 2 de febreiro, na provincia da Coruña: onde, hora e partidos
PP
Santiago de Compostela
Alfonso Rueda visita a Universidade de Santiago de Compostela.
Ortigueira
20.00: Alberto Núñez Feijóo intervén nun mitin xunto ao presidente do PP da Coruña e candidato nas eleccións do 18F, Diego Calvo, e ao alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín.
PSdeG
Besteiro visita a cidade das Tic na Coruña
BNG
A Coruña
12.00: Encontro con mariscadoras da Ría do Burgo. Mercedes Queixas, número 2 da candidatura do BNG por A Coruña, estará acompañada polo portavoz nacionalista no Congreso, Néstor Rego. Na Confraría de Pescadores da Coruña, porto de Oza.
Oleiros
16.30: Encontro con persoas que reclaman a habilitación dun paso de peóns no Couto (Oleiros). No Hotel As Galeras, ao pé da recta de Bastiagueiro.
Arteixo
20.00: Mitin en Arteixo, no Balneario. Con Iria Taibo, número 8 da candidatura; e Xurxo Couto, portavoz do BNG en Arteixo.
VOX
A Coruña
19.30: Santiago Abascal acompañará ao candidato de Vox á presidencia da Xunta, Álvaro J. Díaz-Mella, e o candidato pola provincia da Coruña, Manuel Fuentes Lamas. Hotel Attica 21 da Coruña, no barrio de Matogrande.