As persoas maiores tomarán a palabra no segundo pleno simbólico da Betanzos

O Concello de Betanzos celebrará este mércores, 6 de maio, a segunda edición do seu Pleno de Maiores, unha iniciativa coa que busca achegar o funcionamento da administración local á cidadanía e dar protagonismo ás persoas maiores do municipio.
Tras a experiencia piloto desenvolvida en 2025, o programa regresa cun pleno simbólico no que participarán 17 mulleres e homes, que exercerán por un día as funcións de concelleiras e concelleiros. A sesión contará tamén cunha alcaldesa propia, que recibirá o bastón de mando da man da rexedora titular, María Barral.
A actividade desenvolverase a partir das 10.30 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns e estará aberta ao público ata completar aforo. Desde o Concello convídase á veciñanza a asistir para acompañar ás persoas participantes e coñecer de preto a dinámica dun pleno municipal.
Na organización colaboran diferentes entidades locais, entre elas Cruz Vermella, o Espazo +60 de Afundación, a Asociación de Pensionistas e Xubilados e os grupos municipais do Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva.
O obxectivo da proposta é fomentar a participación social das persoas maiores, recoñecer o seu papel na vida comunitaria e ofrecerlles un espazo no que expresar inquietudes, propostas e reflexións sobre o municipio.