As nenas e os nenos de Arteixo poderán deseñar o cartel da campaña de Nadal de AEMA

ACoruñaXa
O concurso infantil está dirixido a participantes de entre 4 e 12 anos e permanecerá aberto ata o 20 de novembro
ARTEIXO concurso nadal
5 Nov 2026

A campaña de Nadal de AEMA terá este ano un toque infantil. A Asociación das Empresas de Arteixo puxo en marcha un concurso de debuxo dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, que poderán achegar a súa propia visión destas festas e optar a que as súas creacións formen parte da decoración do Nadal no comercio local.

A iniciativa estará aberta ¡ata o 20 de novembro. Para participar, os pequenos deberán recoller unha das láminas oficiais nos establecementos asociados a AEMA e realizar nela o seu debuxo, que terá que estar inspirado no Nadal.

Unha vez rematado o prazo, a asociación elixirá tres traballos finalistas. Os seus autores recibirán unha caixa de arte como premio e os debuxos poderán expoñerse nos escaparates dos negocios participantes, dando visibilidade ás propostas dos máis pequenos.

Con este concurso, AEMA busca implicar as familias na campaña de Nadal e achegar os nenos ao comercio de proximidade a través dunha actividade creativa. A entidade, que agrupa empresas e profesionais autónomos de distintos sectores, conta para esta iniciativa coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego, a Deputación da Coruña e o Concello de Arteixo.

0.17228412628174