As festas de Dexo desta fin de semana en Oleiros contarán cun punto violeta

ACoruñaXa
O Concello busca dotar a toda a cidadanía de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte ás violencias machistas
Imaxe dunha muller con motivo do 8M
Imaxe recurso contra a violencia machista
11 Xuño 2024

O Concello de Oleiros, en colaboración coas comisións de festas do municipio, está a traballar activamente para a prevención das violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas durante as festas a desenvolver ao longo de todo o verán nas diferentes parroquias.

Nas festas de Dexo, que se celebran esta próxima fin de semana, o Concello instalará un Punto Violeta durante a noite do venres. Os Puntos Violeta son espazos de atención a vítimas de agresión sexual, LGTBIfóbica e calquera outro tipo de agresión machista. Formado por unha equipo experto de profesionais na materia, tamén conta con acompañamento psicolóxico.

Ademais, estes puntos ofrecen información sobre os recursos municipais na materia e realizan accións de sensibilización dirixidas á cidadanía, coas que se busca dotar de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte ditas violencias.

Un ano máis, coa campaña 'Non faltes á festa, pero de festa non faltes', o Concello busca dotar a toda a cidadanía de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte a violencia de xénero e demais violencias machistas durante as celebracións, actos festivos e espazos de ocio nocturno.

 

0.18191313743591