Arteixo terá unha nova rúa en Candame

ACoruñaXa
A nova vía comunicará as rúas Torrente Ballester e República Arxentina do municipio
Imaxe do espazo que vai a ocupar a nova rúa en Arteixo
Imaxe do espazo que vai a ocupar a nova rúa en Arteixo
4 mar 2024

O Concello de Arteixo iniciará esta semana a construción dunha nova rúa en Candame que comunicará as rúas Torrente Ballester e República Arxentina.

Dende o Concello, anteriormente adxudicara a obra por 157.508 euros, impostos incluídos, cuxos traballos consisten na ampliación e acondicionamento dun camiño de terra e serán executados por Xardinería Arce, que se impuxo a outras empresas que concorreron ao concurso. O Concello fixa un prazo de execución da obra é de tres meses.

O prego de condicións das obras detallan que para conter as terras crearase un muro de contención na zona de acceso desde Torrente Ballester, onde xa está pavimentado parte deste camiño. No outro extremo, o de República Arxentina, substituirase un antigo muro de pedra por outro de formigón dado que as parcelas lindeiras atópanse a unha cota lixeiramente superior á da calzada.

O resto do carreiro, actualmente de terra e cuberto por vexetación, pavimentarase e ampliará para dotalo dun ancho suficiente para o paso de vehículos e tamén de beirarrúas que garantan a seguridade dos peóns.

O Concello de Arteixo apunta que se trata dunhas obras “absolutamente necesarias ao ser a pavimentación de gran parte da zona inexistente, non existir zona de peóns e ser as dimensións de paso de vehículos moi escasas, o que impide a boa circulación”.