Arteixo remata o proceso de adquisición de fincas para rehabilitar o castro de Pastoriza

ACoruñaXa
Máis de 74.000 m² de terreo serán de titularidade pública, cun plan de mellora que inclúe limpeza vexetal, estudo xeorradar e novas sendas
Imaxe da casa do Concello en Arteixo
23 Out 2024

O Concello de Arteixo finalizou o proceso de adquisición das fincas necesarias para a rehabilitación do castro de Pastoriza, un proxecto que afecta a 17 propietarios e que implica a titularidade pública de máis de 74.000 metros cadrados. As citacións aos propietarios realizaranse os días 6 e 7 de novembro.

Tras dous anos de xestión, o castro será recuperado como un espazo público, co obxectivo de poñelo en valor tanto patrimonial como turisticamente. O plan de mellora inclúe a limpeza vexetal de todas as parcelas, un estudo topográfico con xeorradar, a instalación de nova sinalética informativa para os visitantes e a construción de sendas que conectarán os núcleos de Arteixo e Pastoriza co castro.

0.18857312202454