Alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña este sábado

ACoruñaXa
Ventos de forza 8 e ondas de ata 6 metros esperados desde o mediodía
Imaxe dun temporal na Coruña
23 Nov 2024

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activará hoxe, 23 de novembro, a alerta laranxa por un temporal costeiro que afectará o litoral noroeste e oeste da provincia da Coruña. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno adverso estará activo a partir do mediodía, con ventos do sur ou suroeste que poderán acadar forza 8 e mar combinada do suroeste, con ondas de ata 6 metros mar adentro.

Co obxectivo de garantir a seguridade de bens e persoas, a Xunta informou desta situación aos concellos afectados, deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos.

Recoméndase evitar a proximidade da liña de costa, como diques, rompentes e paseos marítimos, así como extremar as precaucións ao realizar calquera actividade no mar. Tamén se aconsella revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Para máis información, a cidadanía pode consultar a páxina web do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, onde tamén se inclúen ligazóns de interese relacionadas co fenómeno meteorolóxico.

0.15537309646606