Abegondo celebra este domingo o Entroido

ACoruñaXa
O evento dará comezo ás 17.00 horas no polideportivo municipal e poderase anotar no momento para participar nos concursos
Festa de Entroido no IES Vios de Abegondo
Festa de Entroido no IES Vios de Abegondo
11 feb 2024

Os veciños de Abegondo celebrarán este domingo, 11 de febreiro, a gran festa de Entroido, organizada polo Concello. Será a partir das 17.00 horas no polideportivo municipal e espérase que centos de persoas enchan o pavillón.

O evento contará cos concursos de disfraces, comparsas e animación. Os desfiles dos participantes nos concursos arrincarán ás 18.30 horas. Todos aqueles interesados en inscribirse poden facelo no pavillón ata as 18.00 horas.

Haberá tres modalidades de concursos: a variante individual ou en parella, para adultos, cun premio de 150 euros; o apartado de grupos, de 3 a 7 integrantes, cun primeiro premio de 300 euros e un segundo de 200 euros; e a modalidade de comparsas, de 8 ou máis integrantes, con dous premios de 800 e 500 euros respectivamente.

Ademais, o evento estará amenizado pola música do momento a cargo de Carlos Manteiga. Ademais, o Concello organiza talleres de Entroido na aula lúdica, para nenos de infantil e de primaria. Mañá sábado 10, a partir das 16.30 horas, terá lugar un Obradoiro de máscaras e complementos e o mércores 14 á mesma hora levará a cabo un taller de produtos típicos da época.

Este venres o alumnado do IES de Viós do municipio celebrou hoxe o seu particular Entroido, coa colaboración do Concello. Creouse un photocall sobre a arte, cos rapaces facendo unha versión cadros famosos de todos os tempos.