A veciña de Cortiñán (Bergondo) Francisca Lamas Mallo cumple os 100 anos rodeada da súa familia

ACoruñaXa
Lamas, quen chegou a Cortiñán en 2003 cunha das súas fillas por motivos laborais, viviu toda a súa vida traballando a terra
A veciña de Cortiñán (bergondo) Francisca Lamas Mallo cumple os 100 anos coa súa familia
A veciña de Cortiñán (bergondo) Francisca Lamas Mallo cumple os 100 anos coa súa familia
22 abr 2024

Francisca Lamas Mallo, veciña de Cortiñán, celebrou este luns 22 de abril o seu cen aniversario rodeada da súa familia.

Lamas, quen chegou a Cortiñán en 2003 cunha das súas fillas por motivos laborais, viviu toda a súa vida traballando a terra. Á súa avanzada idade goza dun moi bo estado de saúde. Mostra diso é que tan só toma unha pastilla para a tensión e unha das súas grandes afeccións é a comida. Outro dos seus grandes pasatempos é a conversación; é máis, é como mellor pasa o seu tempo.

Nai de dúas fillas e un fillo (xa falecido), ten cinco netos e tres bisnietos e é viúva desde 1971. É unha habitual do Encontro de Maiores que organiza o Concello de Bergondo e esta mañá confirmou á alcaldesa que, se non hai ningún imprevisto, tamén asistirá á edición deste ano.

Para conmemorar tan sinalada efeméride a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, desprazouse ata o seu domicilio para facerlle entrega dun ramo de flores. Ademais dunha das súas fillas, coa que reside habitualmente, hoxe estivo acompañada da súa outra filla e dun neto e a súa parella, que non quixeron perderse os seus aniversarios.