?> A UDC celebra hoxe as Olimpíadas de Salvamento Marítimo en ACoruñaXa

A UDC celebra hoxe as Olimpíadas de Salvamento Marítimo

ACoruñaXa
En total participan sete equipos no evento organizado pola E.T.S. de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña
Imaxe dunha proba de salvamento marítimo
Imaxe dunha proba de salvamento marítimo
Redacción ACoruñaXa
26 abr 2024

A Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña organiza este venres 27 de abril, na Aula Náutica da UDC (Dique de Abrigo, Pedro Barrié de la Maza, s/n, A Coruña) as primeiras Olimpíadas de Salvamento Marítimo da UDC.

A Escola organiza este evento de 10.00 horas a 14.00 horas co obxectivo de fomentar coñecementos teóricos e prácticos no ámbito da seguridade marítima e conseguir unha maior conciencia social entre os profesionais do sector.

Un total de sete equipos competirán na realización dunha serie de probas relacionadas coas prácticas de seguridade marítima: poñer o traxe de supervivencia nun tempo máximo de 2 minutos, proba a nado de relevos con traxe de supervivencia, volteo e arrastre de balsa salvavidas, lanzamento de sisga, e manexo de embarcación de rescate.

O equipo gañador será aquel que realice os cinco exercicios no menor tempo posible. A supervisión correrá a cargo dos profesores das materias de Seguridade Marítima do Grao en Máquinas Navais e do Grao en Náutica e Transporte Marítimo. Tamén se contará co apoio da Cruz Vermella.
O equipo gañador será comunicado ao finalizar as probas e obterá un premio de 150 euros.