A Fundación Juana de Vega organiza as I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa

ACoruñaXa
O 22 e o 23 de febreiro, a fundación galega e CorBI organizan unhas conversas sobre o coidado do chan nas prácticas agrícolas e gandeiras
Juana de Vega - febreiro
Juana de Vega - febreiro
25 ene 2024

A Fundación Juana de Vega promoverá xunto á Fundación CorBI o xoves 22 e o venres 23 de febreiro as I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa que terán lugar entre o MUNCYT, os Museos Científicos Coruñeses, Cambre e As Pontes de García Rodríguez.

O obxectivo destas xornadas é traer á Coruña o debate sobre os novos modelos de produción agrícola e gandeiro desde a base, poñendo o foco na ciencia do coidado do solo. O encontro estará dirixido, sobre todo, ao público profesional, pero nel tamén se incorporará ao consumidor final no debate, xa que é unha figura relevante na cadea de valor da produción agroalimentaria.

Durante os dous días dáranse cita sete ponentes convidados, todos voces referentes no estudo e na práctica rexenerativa, exporán a importancia do solo tanto a nivel global coma local. Estes relatores abordarán os problemas que padece ou o traballo de reconstitución que debe realizarse tanto para a preservación de contornas naturais e humanizadas como para a creación de sistemas de produción agrícola e gandeira respectuosos e de alto rendemento. Incluso na súa condición de ferramenta fundamental para secuestro de carbono e mitigación do cambio climático.

A inscripción están abertas na páxina web da Fundación Juana de Vega a un custo de 50€ para asistencia á sesión científico-técnica do día 22 de febreiro e 80€ para os dous días.

Acompañando aos organizadores colaboran a hortícola Os Biosbardos, Soñando en Verde, Gandería Roidiz; o Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), a través do MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España); e o Concello da Coruña a través da rede de Museos Científicos Coruñeses.

Ponencias moi variadas

A sesión do 22 de febreiro desenvolverase durante toda a xornada (9.00 a 18.00 horas) no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España (MUNCYT). Os convidados son a bióloga, permacultora e divulgadora galega, Edith Uhía Castro, máis coñecida polo seu perfil en redes sociais @sonhandoenverde, que dará paso ao agroecólogo e enxeñeiro agrónomo Xan Pouliquen, único formador na metodoloxía Obsalim acreditado en España de avaliación de eficiencia da ración alimentaria dos rumiantes. Cerrará a mañá o gandeiro e biólogo ambiental Antonio Tucci, que tamén rexenta unha gandería rexenerativa en Vilariño de Conso (Ourense).

Tras o xantar, Francesc Font, fundador e CEO de The Regen Academy, academia e consultoría internacional especializada en agricultura rexenerativa, exporá a súa experiencia colaborando con organizacións internacionais. A continuación intervirá o coruñés Jaime Otero para introducir aos asistentes na agricultura sintrópica e presentar o seu Proxecto Dispersor. Para rematar, o investigador do CREAF (Centro de Investigación Ecolóxica e Aplicacións Forestais), Xavier Domene falará da biodiversidade edáfica como motor e consecuencia da agricultura rexenerativa.

A segunda parte da sesión profesional desenvolverase o venres 23 (10.oo a 13.30h) durante dúas sesións de traballo en campo para coñecer dous proxectos galegos en rexenerativo e reflexionar in situ sobre os contidos expostos o día anterior. Os asistentes poderán elixir entre visitar a Gandería Roidiz, nas Pontes de García Rodríguez, ou a hortícola Os Biosbardos, en Cambre.

Charla aberta ao público na DOMUS (A Coruña)

Ademais das sesións científico-técnica e das saídas a campo dirixidas ao sector profesional, tamén se quere contar cunha das figuras relevantes na cadea de valor da produción agroalimentaria: o consumidor final. Por elo, todas as persoas que o desexen poderán asistir á charla de acceso libre que terá lugar na tarde do xoves 22 de febreiro (19.00 a 20.30h) no museo DOMUS para ampliar a súa visión e coñecemento e decidir o futuro que queremos. A relatora será a presidenta da Asociación de Agricultura Regenerativa, Ana Digón.