A Fiscalia obriga a Telefónica a retirar os cables caídos da rúa da Bouza en Dorneda (Oleiros)

ACoruñaXa
A Fiscalía admitiu a denuncia do Concello de Oleiros pola perigosa situación dos postes e cables que afectaban á seguridade dos veciños
Cables Dorneda
9 Nov 2024

Os veciños da rúa da Bouza, en Dorneda, levaron meses convivindo cunha situación insostible: postes caídos sobre as súas propiedades e cables que penduraban a pouca distancia das súas cabezas, poñendo en risco a súa seguridade. Despois de que a Fiscalía admitise a denuncia presentada polo Concello de Oleiros, Telefónica finalmente contactou coas persoas afectadas para solicitar acceso ás súas propiedades e proceder á retirada dos cables.

O Concello denunciou a que considera unha grave neglixencia por parte da empresa, que durante meses ignorou o risco que supoñían estes elementos para a cidadanía. Desde a administración municipal critican a permisividade das leis estatais, que, segundo explican, permiten que empresas privadas teñan tal poder sobre a seguridade pública. Tamén salientan que moitos dos políticos que aproban estas leis acaban en cargos directivos en compañías como Telefónica.

0.064762830734253