A Festa da Xuventude chega o 16 de maio a Betanzos

ACoruñaXa
Xogos e actividades para os cativos encabezan a Festa da Xuventude de Betanzos que estará liderada á noite pola actuación da Osquestra NewYork
Imaxe do cartel da Festa da Xuventude de Betanzos
Imaxe do cartel da Festa da Xuventude de Betanzos
3 may 2024

Betanzos celebrará o vindeiro xoves 16 de maio a IV Festa da Xuventude Betanzos, organizada polo Concello de Betanzos. O evento comezará ás 17.30 horas no Parque do Pasatempo da cidade.

Neste sentido, dende ás 17.30 horas ata as 20.00 haberá inchables para os cativos. Mentres que dende as 18.00 ata as 19.00 horas haberá un taller de costeis sen alcohol.

A partir das 18.30 os rapaces e rapazas poderán desfrutar dun espectáculo de maxia da man de Magic Mateo e de animación infantil musical.

Ademais, a Festa da Xuventude contará coas actuacións musicais de Danzas Gremiais ás 20.00 horas, Lontereira de 22.30 a 23.30, a Orquestra New York a partir das 23.30 horas e o DJ Sebas dende ás 2.00 horas ata as 3.00 da madrugada.

 

 

Cartel-Festa-da-Xuventude-2024-scaled