A exposición 'Os Playmobil, de festa en Betanzos!' chega ao edificio do Arquivo

ACoruñaXa
A exposición, que recrea en miniatura as festas tradicionais da cidade, estará aberta ao público ata o 20 de outubro, combinando diversión e cultura para todas as idades
Imaxe duns Playmobil
1 sep 2024

Betanzos acolle unha nova exposición titulada 'Os Playmobil, de festa en Betanzos!', unha mostra que estará aberta ao público ata o 20 de outubro na Sala de Usos Múltiples do edificio Arquivo. Organizada pola Asociación Española de Coleccionistas de Playmobil, a exposición conta coa colaboración do Concello de Betanzos e ofrece aos visitantes a oportunidade de disfrutar de figuras que recrean escenas festivas inspiradas na vida local.

O horario de visitas será de martes a venres de 10.00 horas a 14.00 horas e de 19.00 horas a 22.00 horas, e os sábados de 11.30 horas a 14.00 horas e de 19.00 horas a 22.00 horas. A exhibición promete ser un atractivo tanto para os máis pequenos como para os adultos, xa que as figuras de Playmobil, con detalles minuciosos, transportan aos asistentes a un mundo en miniatura onde as festas e tradicións de Betanzos cobran vida.

Esta iniciativa pretende non só entreter, senón tamén promover o interese polo coleccionismo e a cultura popular.

Playmobil-scaled
0.1286780834198