A Coruña acolle a exposición "Oitenta e un anos e un lapis na man" de Siro López

ACoruñaXa
A exposición pode visitarse no "Quiosco Alfonso" e repasa os 81 años de vida e obra do debuxante
Siro-López
Siro-López
1 feb 2024

O Quiosco Alfonso da cidade acolle a exposición  "Oitenta e un anos e un lapis na man" sobre a traxectoria do artista Siro López. O propio autor acudiu ao evento inaguralo pasado martes que contou coa presenza de diferentes personalidades do tecido cultural.

A alcaldesa, Inés Rey, destacou a importancia da exposición na súa dimensión autonómica, como un relato de país feito baixo a mirada do artista. "En Siro viven hoxe dende Yolanda Castaño ao cura Paco, pasando por Antonio Tenreiro ou Lois Pereiro e tamén Blanco Amor e Lorca ou Picasso", explicou. A mostra está dividida en 13 apartados de acordo con diferentes técnicas ou influencias de Siro López ao longo da súa traxectoria artística. Recóllense autorretratos, obras de fantasía, paisaxes e bodegóns, caricaturas e obras de humor gráfico.

Siro explicou que a antolóxica exposición (1970 - 2024) mostra toda a obra que realizou máis alá da caricatura política, presente na mostra a través de pantallas. "Debuxei unhas 6.000 caricaturas pero ningunha está nas paredes do Quiosco. As paredes necesítoas para mostrar os retratos, as paisaxes, os espidos, as fantasías que fun facendo con todas as técnicas, incluído o Ipad, sempre na procura dun estilo persoal", explicou.

Un compendio de máis de 150 obras entre as que destacan os espidos e os retratos de autores coma Eduardo Blanco-Amor, Picasso ou Ramón Piñeiro xunto coa liña expresionista de Siro López, pouco coñecida polo público xeral. A mostra tamén recolle algunhas esculturas, entre elas dúas réplicas en bronce correspondentes ás figuras de Castelao e Cunqueiro da praza do Humor.