A Deputación inicia a expropiación para ampliar a estrada entre Irixoa e Vilarmaior

A Deputación da Coruña comezou os trámites de expropiación para executar as obras de ampliación e mellora da estrada DP 3903, que conecta Irixoa e Vilarmaior. Este proxecto, que supón un investimento de preto dun millón de euros, ampliará o ancho da vía de 4 a 8 metros, mellorando a seguridade no tramo de case 2 quilómetros comprendido entre Adragonte e Vilamateo.
O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar o anuncio de levantamento das actas previas á ocupación dos 75 terreos afectados. Os propietarios están citados o 15 de outubro no Concello de Irixoa e o 16 de outubro no Concello de Vilarmaior para formalizar o proceso.
As obras, cunha duración prevista de seis meses, incluirán a ampliación da calzada con carrís de 3,5 metros por sentido e beiravías laterais. Ademais, levaranse a cabo melloras no drenaxe da estrada e na intersección con vías municipais para garantir unha circulación máis segura.