A Deputación impulsará o maior estudio de produción virtual de España na Cidade das TIC

ACoruñaXa
O Coruña Estudio Inmersivo estará operativo en 2025, reducirá os custos de produción ata un 68% e consolidará a Galicia como referente audiovisual internacional
Deputación CEI
29 Nov 2024

A Deputación da Coruña presentou onte o Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o maior estudio de produción virtual de España, co obxectivo de converter a provincia nun referente audiovisual en Europa. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o impacto desta instalación, que atraerá grandes producións, fomentará o emprego cualificado e consolidará a Galicia na elite da industria audiovisual.

O CEI, situado na Cidade das TIC, comezará a operar a principios de 2025 e supón un investimento de 9 millóns de euros, cofinanciados pola Deputación e o Plan de Recuperación do Goberno de España. Con 2.000 metros cadrados e tecnoloxía inmersiva avanzada, permitirá crear escenarios virtuais hiperrealistas, reducindo os custos de produción ata nun 68%.

O acto de presentación tivo lugar no marco do 18º Congreso "I+P Ideas para Producir" e reuniu responsables de destacadas plataformas e produtoras, como RTVE, Movistar+, Amazon Prime Video e Warner Bros Discovery. Durante o evento, Formoso subliñou que o proxecto reforzará un sector que en Galicia xa representa o 28% da industria cultural, xerando máis de 4.500 empregos e 411 millóns de euros anuais en facturación.

O presidente do Clúster Audiovisual Galego, Alfonso Blanco, destacou o CEI como “un piar estratéxico” para a industria, grazas á colaboración público-privada e á integración de tecnoloxía, formación e creatividade nunha contorna única como a Cidade das TIC.

0.16669583320618