A Deputación despide o Madrid Fusión cun bo sabor de boca

ACoruñaXa
A entidade exhibiu a súa marca turística e gastronómica \\\\\\\'A provincia que sabe\\\\\\\' a través do traballo de produtores locais, chefs e outros profesionais do sector
Madrid Fusion 31 xaneiro
Madrid Fusion 31 xaneiro
31 ene 2024

O Madrid Fusión chega a súa fin e a delegación de Turismo da Deputación faino cun balance moi positivo en canto a afluencia de público e participación nas diferentes actividades levadas a cabo no seu stand. Ademais do éxito comercial e promocional que tiveron os diferentes produtores que asistiron á feira da man da entidade provincial.

“A nosa provincia triunfa alá onde vai e, nesta ocasión, exhibimos nesta feira tan especializada unha proposta gastronómica e turística da man de produtores, cociñeiros e outros profesionais que fan marca país”, sinalou o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira. “Queremos apoiar a estas pequenas empresas para que o seu traballo sexa coñecido e recoñecido, e o éxito da súa participación en espazos de tan alto nivel como este referendan o seu bo facer”.

Esa foi a aposta que definiu a programación da Deputación en Madrid Fusión, centrándose en amosar a materia prima de pequenos produtores locais e as receitas protagonizadas por estes produtos tan vinculados ao territorio desenvolvidas por chefs de referencia, dous deles con estrela Michelín, e procedentes dos diferentes xeodestinos da provincia.

“Na Coruña hai moito talento, tanto no sector agroalimentario como no gastronómico e queremos presumir del e poñelo en valor” salientou Regueira. “Vemos a profesionais xa consagrados que son referencia, pero tamén outros emerxentes con propostas moi innovadoras e interesantes”, engadiu. “Todos eles teñen en común o respeto e o amor polo territorio, que define o seu traballo, con produtos de quilómetro cero que falan moito do sitio ao que pertencen”.

Os showcookings da deputación estiveron repletos de público que se interesaba polas propostas dos cociñeiros e pola súa historia máis aló da súa cociña; exposicións polas que non paraban de pasar visitantes preguntando polos valores diferenciais dos produtos, así como profesionais que querían coñecer de primeira man o traballo de produtores e pequenas e medianas empresas como A Despensa de Lujo, Costumes empanadas de Galicia ou Bello Blanco Licores, entre outras, e profesionais que encheron as actividades que se levaron a cabo no stand da Deputación como as charlas e catas sobre viños coruñeses, as degustacións e as masterclass sobre algas da provincia. “A provincia que sabe” destacou, de novo, nunha nova edición de Madrid Fusión.