A Deputación continua este luns cos traballos de poda na DP-1702

ACoruñaXa
A entidade provincial estima que os traballos terán unha duración de 10 días, ata entón recoméndase a entrada ao municipio pola zona de Mesón Vasco AC-214
Imaxe recurso dun xardiñeiro
Imaxe recurso dun xardiñeiro
25 feb 2024

A partir deste luns, 26 de febreiro, a Deputación da Coruña continuará cos traballos de poda na estrada DP-1702, concretamente nos arredores da estación de tren de Cambre. A actuación, que xa se iniciou meses atrás, ten como obxectivo o acondicionamento e mellora da seguridade na vía.

Isto provocará o desvío de tráfico na zona, recomendándose a entrada ao municipio pola zona de Mesón Vasco AC-214. Os autobuses de liña regular, os de servizo escolar e as persoas residentes terán o paso autorizado, non ocasionando ningún inconveniente no percorrido habitual.

A entidade provincial estima que os traballos, que se prolongarán ata a súa finalización, teñan unha duración de, aproximadamente, 10 días. Con todo, a actuación estará supeditada ás condicións meteorolóxicas.

Desde o Concello lamentan as molestias ocasionadas á cidadanía, pero aseguran que se trata dun trámite “de gran importancia para a seguridade de todas as persoas que pasan pola zona a diario”.