A Coruña organiza unha sesión formativa para as persoas presidentas das mesas electorais

O Concello da Coruña organizou unha sesión formativa dirixida ás persoas que exercerán como presidentas das mesas electorais nos comicios deste domingo. O encontro celebrarase este sábado no Teatro Colón co obxectivo de explicarlles as tarefas que deberán asumir e resolver as dúbidas que poidan xurdir antes da xornada de votación.
A formación será impartida polo secretario xeral do Pleno municipal, Manuel José Díaz Sánchez. Tamén estarán presentes o presidente e a secretaria da Xunta Electoral de Zona, así como o secretario xeral da Delegación do Goberno, que poderán facilitar información e aclarar as cuestións que formulen as persoas asistentes.
A apertura das portas está prevista para as 9:15 horas, mentres que a sesión comezará ás 10:00 horas. A iniciativa busca que quen foi designado para presidir as mesas coñeza con antelación e detalle como debe desenvolver as súas funcións durante a xornada electoral.
293 mesas electorais en 84 colexios
A Coruña contará nestes comicios con 293 mesas electorais distribuídas en 84 colexios. As persoas que as integrarán foron seleccionadas mediante sorteo celebrado no pleno municipal.
O censo da cidade ascende a 199.134 persoas con dereito a voto, que poderán acudir ás urnas este domingo.