A Coruña avanza nos trámites para definir os futuros usos do antigo Club Financeiro da Coruña

ACoruñaXa
O proxecto inclúe a modificación das condicións urbanísticas para adaptar a zona ás demandas comerciais da área, impulsando a revitalización do Barrio das Flores e zonas lindeiras
Imaxe da concelleira Nereida Canosa
30 Out 2024

A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña aprobou esta mañá a solicitude á Xunta de Galicia para iniciar o proceso de avaliación ambiental do plan especial de infraestruturas e dotacións na área onde se localiza o antigo Club Financieiro. Situado nas proximidades das avenidas Alfonso Molina, San Cristovo e a rúa Salvador de Madariaga, este proxecto ten como obxectivo a reordenación urbanística da parcela para adaptarse ás necesidades de equipamento comercial e servizos na contorna.

En febreiro deste ano, xa se deu o primeiro paso coa aprobación do plan especial. Segundo a concelleira Nereida Canosa, “esta actuación está destinada a dar vida a unha parcela que levaba moito tempo en desuso, revitalizándoa co propósito de cubrir a demanda de servizos e equipamentos comerciais para os veciños e veciñas do Barrio das Flores, Matogrande, Elviña e Xuxán”. Este plan permitirá o uso comercial da zona para dinamizar a actividade local.

 

0.19213509559631