A Coruña aposta polo reciclaxe con unha campaña de Nadal de Ecovidrio
O Concello da Coruña colabora coa campaña especial de reciclaxe posta en marcha por Ecovidrio con motivo das festas de Nadal. Na Praza da Cubela, instalouse unha orixinal árbore de Nadal de 4 metros de altura composta por 65 miniglús reciclados, co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de reciclar envases de vidro durante estas datas.
Xunto á árbore, habilitouse unha caseta informativa onde educadores ambientais ofrecen explicacións sobre como separar correctamente o vidro e os beneficios ambientais deste xesto. As persoas que se acheguen poderán participar en xogos e actividades educativas que lles permitirán gañar un dos miniglús que forman parte da instalación. As actividades estarán dispoñibles cada tarde, de 15:30 a 19:30 horas.
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou na presentación e lembrou que durante o Nadal e o Aninovo xéranse ata o 20% de todos os residuos de vidro do ano. “Recuperar e dar unha nova vida ao vidro evita que os envases vaian aos vertedoiros, aforra enerxía e reduce as emisións derivadas da fabricación de novos recipientes, contribuíndo á loita contra o cambio climático”, afirmou Neira.