A Coruña acollerá os Premios xornalísticos europeos Salvador de Madariaga o 18 de xuño
O Paraninfo da Universidade da Coruña (UDC) acollerá o martes 18 de xuño, ás 19.30 horas, a cerimonia de entrega do XXX Premio de Periodismo Europeo 'Salvador de Madariaga', unha iniciativa que conta coa colaboración do Concello da Coruña e o patrocinio de Iberdrola.
No acto, que será presentado Mamen Mendizábal, xornalista de La Sexta, intervirá a alcaldesa, Inés Rey, Miguel Ángel Oliver, presidente da Axencia EFE, María Lledó, secretaria xeral para a UE e Genoveva Ruiz Calavera, directora xeral da Comisión Europea; e os galardoados, Sylvia Fernández de Bobadilla, directora do programa 'Europa 2024' de TVE, Nacho Alarcón, corresponsal de El Confidencial en Bruxelas e Íñigo Picabea, xornalista de RNE.
Estes premios convócanse desde o ano 1995 e responden a unha iniciativa da Asociación de Periodistas Europeos, que conta coa colaboración das Oficinas de Representación en España da Comisión Europea e do Parlamento Europeo. Ao asociar o premio á figura de Salvador de Madariaga, a APE quixo resaltar a súa adiantada vocación europeísta, un compromiso co que se identifica tamén o Goberno de Inés Rey. Salvador de Madariaga levou unha voz española aos primeiros foros da Sociedade de Nacións e do Consello de Europa.
Con motivo da súa trixésima edición, a cerimonia de entrega do premio terá lugar na Coruña, cidade natal de Salvador de Madariaga, grazas á colaboración do Concello e do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.
Os premios outórganse nas modalidades de televisión, prensa escrita e radio, e constan dun diploma acreditativo e unha dotación económica de 15.000 en cada un. O xurado responsable do veredicto, reunido o 6 de marzo na sede da Asociación de Periodistas Europeos, estivo presidido por José Juan Ruiz, presidente do Real Instituto Elcano, e integrado por, Iñigo Alfonso, director de Las Mañanas de RNE, Marta Carazo, presentadora do Telediario 2 de TVE, Diego Carcedo, presidente da Asociación de Periodistas Europeos, Belén Carreño, senior correspondent de Reuters, Alejandra Clements, redactora xefe de política de La Razón, Juan Carlos da Silva, director xeral de Prensa Ibérica en Galicia, Montserrat Domínguez, directora de contidos da Cadena SER, Javier García Vila, director de Europa Press, Daniel R. Gascón, columnista de El País, Yolanda Gómez, subdirectora de ABC, Araceli Infante, directora de Espejo Público de Antena 3 TV, Rafael Latorre, director de La Brújula de Onda Cero e columnista de El Mundo, Xavier Mas de Xàxas, corresponsal diplomático de La Vanguardia, Miguel Ángel Oliver, presidente da Agencia EFE, Ana Pardo de Vera, directora de Relacións Institucionais de Público, Encarna Samitier, directora de 20 minutos, Rosa María Sánchez, xefa de economía de El Periódico, Esther Turu, subdirectora de informativos de Onda Cero, Xosé Luis Vilela, director de La Voz de Galicia, Pilar Velasco, directora de Demócrata e columnista de Infolibre.
Actuaron como secretarios sen voto Miguel Ángel Aguilar, secretario xeral da Asociación de Periodistas Europeos, María Andrés, directora da Oficina en España do Parlamento Europeo e Lucas González Ojeda, director da Representación en España da Comisión Europea.
Na acta de concesión, o xurado decidiu premiar, na convocatoria de televisión, a Sylvia Fernández de Bobadilla de RTVE, polo interese continuo pola información europea ao longo de toda a súa carreira profesional. Sylvia conseguiu "encaixar Europa" nos distintos programas de TVE nos que traballou e soubo difundir de forma directa e clara ao espectador o que ocorre en Bruxelas, apostando en moitas ocasións por temas minoritarios.
En prensa escrita, a Nacho Alarcón de El Confidencial, por saber traducir a complexa información europea, sempre formulando preguntas concisas e pertinentes. Por completar a actualidade achegando datos, entrevistas e contexto -en moitos casos, históricos- que axudan a entender a actualidade. Todo cunha linguaxe clara e directa que non só se reflicte no seu labor como corresponsal en Bruxelas, senón en novos formatos, coma a newsletter 'Nexo Europa'.
E en radio, a Iñigo Picabea de RNE, porque representa como poucos na radio a difusión, a divulgación dos valores europeos expresados na nosa cultura: o derrubamento das fronteiras físicas e mentais, o respecto profundo ao outro e á pluralidade de ideas que fundamentan a UE.