A Coruña acolle unha mostra de figuras feitas coa madeira procedente do mar

ACoruñaXa
A exposición 'AFlote Cetáceos y otras cosas de la mar hechas con la mar de cosas que echa la mar' estará dispoñible ata o 5 de maio na cidade
Francisco Martínez é o autor da mostra 'AFlote Cetáceos e outras cousas da mar feitas coa mar de cousas que bota a mar'
3 Abr 2024

O Espazo Bomoble na Cidade Vella da Coruña acolle a exposición 'AFlote Cetáceos e outras cousas da mar feitas coa mar de cousas que bota a mar' de Francisco Martínez. Deste xeito, as baleas, cachalotes, peces, mariñas realizadas a partir de madeira á boia recollida nas praias ou realizadas con materiais reutilizados, aceiro, madeira recuperada, poderanse ver entre o 5 de abril e o 5 de maio.

O horario de visita para o público é de 12.00 a 14.00 horas e 17.00 a 20.00 horas de luns a sábado e de 12.00 a 14.00 horas os domingos.

O seu autor sinala que “independentemente do valor estético que cada un dea ás pezas, é importante non perder de vista o seu sentido último, que non é outro que chamar a atención sobre a necesidade de conservar o Medio Natural”. Neste sentido, Francisco Martínez comenta que “as praias son un ecosistema fráxil e por outra banda son espazos para o lecer públicos de acceso libre, é importante ser conscientes de que o que fagamos ou deixemos de facer nelas ten consecuencias para todos”

Así, AFlote reúne algunhas das 40 pezas esculpidas a partir de madeiras á boia procedentes de árbores, embarcacións, metais, plásticos e outros restos lanzados pola mar ás praias poderanse ver neste veterano recuncho para a arte da Cidade Vella da Coruña.

 

0.094535112380981