A Coruña acolle este venres a 'A representación das mulleres nas Institucións Europeas'

ACoruñaXa
O encontro será no centro EUROPE DIRECT e nel tratáranse as accións clave das Institucións Europeas e a presenza das mulleres expertas no espazo público europeo da man de tres mulleres
Cartel do encontro 'A representación das mulleres nas Institucións Europeas'
Cartel do encontro 'A representación das mulleres nas Institucións Europeas'
29 Feb 2024

O centro EUROPE DIRECT A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente a Deputación da Coruña, organiza xunto coa Asociación de Mulleres do Sector Público a xornada 'A representación das mulleres nas Institucións Europeas' o vindeiro venres, 1 de marzo.

A celebración deste encontro ten como obxectivo dar visibilidade o liderado feminino nas Institucións Europeas, avaliar a igualdade nos postos de mando en todos os ámbitos da sociedade así como o intercambio de boas prácticas que aborden o equilibrio de xénero nos postos directos en administracións públicas locais e europeas.

Esta xornada está dirixida as socias da Asociación de Mulleres no Sector Público e aquelas mulleres interesadas en participar neste encontro.

Deste xeito, a xornada iniciarase coa intervención de Mónica Rodríguez, Deputada de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais, Ana Ramos, Secretaría da Xunta directiva da Asociación de Mulleres no Sector Público e Amparo Taboada, Secretaria Xeral da Deputación da Coruña.

A continuación, trataranse as accións clave das Institucións Europeas e a presenza das mulleres expertas no espazo público europeo da man de Patricia Silveira, Xefa da Unidade de Estratexia e Relacións Exteriores de Europol, Beatriz Yordi, Directora Xeral da Dirección Xeral de Acción polo Clima e Adela Rey, Xefa de equipo de negociación con terceiros Estados en materia de pesca da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea.

 

0.082880973815918