A Coruña acolle este venres a 'A representación das mulleres nas Institucións Europeas'
O centro EUROPE DIRECT A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente a Deputación da Coruña, organiza xunto coa Asociación de Mulleres do Sector Público a xornada 'A representación das mulleres nas Institucións Europeas' o vindeiro venres, 1 de marzo.
A celebración deste encontro ten como obxectivo dar visibilidade o liderado feminino nas Institucións Europeas, avaliar a igualdade nos postos de mando en todos os ámbitos da sociedade así como o intercambio de boas prácticas que aborden o equilibrio de xénero nos postos directos en administracións públicas locais e europeas.
Esta xornada está dirixida as socias da Asociación de Mulleres no Sector Público e aquelas mulleres interesadas en participar neste encontro.
Deste xeito, a xornada iniciarase coa intervención de Mónica Rodríguez, Deputada de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais, Ana Ramos, Secretaría da Xunta directiva da Asociación de Mulleres no Sector Público e Amparo Taboada, Secretaria Xeral da Deputación da Coruña.
A continuación, trataranse as accións clave das Institucións Europeas e a presenza das mulleres expertas no espazo público europeo da man de Patricia Silveira, Xefa da Unidade de Estratexia e Relacións Exteriores de Europol, Beatriz Yordi, Directora Xeral da Dirección Xeral de Acción polo Clima e Adela Rey, Xefa de equipo de negociación con terceiros Estados en materia de pesca da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea.