A Cidade Vella da Coruña acolle esta fin de semana as festas do Rosario con actuaciós de Alejo Stivel, O'Funkillo e Riff Raff

ACoruñaXa
Unha fin de semana de música, gastronomía e homenaxe a Sito Sedes espera aos veciños na Cidade Vella
Festas Cidade Vella Coruña
30 sep 2024

A Cidade Vella de A Coruña acollerá este venres o inicio das festas do Rosario, un evento que se desenvolverá ata o domingo e que incluirá música, actividades deportivas, gastronomía e un emotivo homenaxe a Sito Sedes.

O evento dará comezo o venres ás 19.00 horas coa actuación da Tuna de Veteranos, seguida do pregón inaugural e do concerto de Son D'Aquí.

O sábado arrincará cunha serie de 'Dianas e alboradas', antes de que se inicie o torneo de hockey no pabellón de Monte Alto. Desde as 13.00 horas, os asistentes poderán disfrutar dunha pulpeira, e ás 13.30, Xilo e Carlos ofrecerán un tributo a Sito Sedes.

A programación da noite promete ser especialmente emocionante, comezando ás 21.00 horas co concerto de Riff Raff, seguido por O'Funkillo ás 22.00 horas e pechando a xornada, Alejo Stivel ás 23.00 horas.

O domingo será a quenda dos combos de música moderna da escola municipal, así como actuacións de grupos como Giro Total, Nunzia Giannota e Javi Rey, e a Banda Municipal de Música. Tamén se contará cunha actuación especial do mago Kiko Pastur.

As diferentes propostas artísticas e culturais terán lugar na praza de Azcárraga, agás a actuación de Extraña Pareja (na Porta de Aires), Giro Total (en Troncoso) e Nunzia Giannota e Javi Rey (na Porta de Aires).

A programación completa das festas do Rosario é a seguinte:

Venres 4 de outubro:

As festas comezarán a partir das 19.00 horas coa actuación da Tuna de Veteranos, que dará paso ao pregón inaugural. A xornada continuará co concerto de Son D'Aquí, previsto para as 21.00 horas, que animará a noite cun repertorio que promete encher de música a Cidade Vella.

O Colexio Santo Domingo-FESD acolle este venres o primeiro dos torneos de xadrez do Rosario. Será a partir das 19.00 no Colexio da Cidade Vella no que será xa a edición trinta destes torneso que empezaron a disputarse en 1995. O torneo do venres será na modalidade de blitz (lostrego) e terá continuación o sábado 12 cun torneo un pouco máis lento, dentro da categoría de rápidas. Ambas probas serán este ano válidas para ELO FIDE grazas á axuda da Deputación da Coruña.

Sábado 5 de outubro:

O sábado arrancará cedo, ás 10.00 horas, coas tradicionais 'Dianas e alboradas', que darán a benvida ao día. Ás 10.30 horas, comezará o Torneo de Hockey Rosario Plata no pabellón de Monte Alto. Ás 13.00 horas, os asistentes poderán degustar polbo gracias á pulpeira, mentres que ás 13.30, Xilo e Carlos rendirán tributo a Sito Sedes. A xornada musical continuará á tarde cunha actuación de Extraña Pareja antes dos concertos da noite.

A parte máis agardada da programación terá lugar a partir das 21.00 horas, co concerto de Riff Raff, seguido por O'Funkillo ás 22.00 horas. Para pechar a noite, Alejo Stivel ofrecerá un concerto ás 23.45 horas, prometendo unha actuación memorable.

Domingo 6 de outubro:

O domingo tamén comezará con 'Dianas e alboradas' ás 10.00 horas. Ás 11.30 horas, será o turno dos combos de música moderna da Escola Municipal, que presentarán os seus talentos. Ás 13.00 horas, actuará Giro Total, seguido por Nunzia Giannota e Javi Rey ás 14.15 horas. A programación do día concluirá cunha actuación máxica do Mago Kiko Pastur ás 17.00 horas e co concerto da Banda Municipal de Música ás 18.00 horas.

Este programa completo promete unha fin de semana chea de actividades e diversión para todos os asistentes.

0.1552460193634